Normas e consellos de Labirinto de Breoghán

Información e normas

A tempada vai dende o sábado véspera de Domingo de Ramos ao 1 de Novembro (Día de Tódolos Santos)

  • Aconsellamos traer calzado cómodo (os camiños son de grava miúda), gorra e protección solar.
  • Existen portas rápidas de saída e un número de teléfono no ticket de entrada por se alguén precisa axuda.
  • Fóra do labirinto atoparedes un quiosco con terraza sombreada, merendeiro, aparcadoiro gratuito e aseos.
  • Os menores de 13 anos entrarán acompañados por un adulto.
  • O acceso e a venda de entradas remata unha hora antes da hora de peche do labirinto.
  • A compra de entrada conleva a aceptación e cumprimento das normas do Labirinto de Breoghán.
  • Salvo xullo e agosto e con prognóstico claro de choiva o labirinto permanecerá pechado. ¡Atentos ás nosas redes sociais!
  • En xullo e agosto abrimos independentemente da climatoloxía, os chuvascos no verán non adoitan ser persistentes.
  • Con tempo inestable entrar con paraugas ou chuvasqueiro.
  • Tárdase de media uns 40 minutos en completar o percorrido.
  • Para gozar plenamente da experiencia recoméndase non empregar trucos. O uso de trucos é incompatible co xogo que cada tempada plantexamos.
  • As mascotas sempre son ben recibidas. Han de levar correa e bolsa para as súas necesidades (e boceira se así o estipula a lei).
  • Para chegar en autobús consultar na compañía de transportes ARRIVA.
  • Estamos á beira da Casa do Concello de Vilarmaior.
  • Recomendamos vir dende o centro de Miño, o resto de estradas presentan moitas curvas, pendentes e é doado perderse.
  • As reservas son só para colexios e campamentos.
  • As entradas véndense no quiosco que atoparedes xunto á entrada do labirinto.
  • Desaconsellamos a entrada de cadeiras de rodas non motorizadas, os camiños son de grava miúda.

Prezos e venda de entradas

Entrada estándar 5€ (nenos de 12 anos e maiores)

Entrada reducida 3€ (nenos de 7 e ata 12 anos)

Entrada gratuita para nenos menores de 7 anos

Pódese pagar en efectivo ou con tarxeta

NOTA: as entradas mércanse no quiosco que hai a carón do labirinto. As reservas son só para colexios e campamentos e xestiónanse a través do correo electrónico.

Consulta horario e calendario premendo na imaxe!

DÍAS DE APERTURA 10 Xul

DÍAS DE APERTURA

10/07/2024 HORARIO
MARZO Días 23, 24, 30 e 31 de 16:30 a 20:00. Última hora para entrar ás 19:00. Días 28 e 29 de 11:00 a 20:30 horas. Última hora para entrar ás 19:30. ABRIL Sábados e domingos de 16:30 a 20:00. Última hora para entrar ás 19:00. MAIO Sábados e domingos de 16:30 a 20:00. Última hora para entrar ás 19:00. Mércores 1 (Día do traballador) de 12:00 a 20:00. Última hora para entrar ás 19:00. Venres 17 (Día das Letras Galegas) de 12:00 a 20:00. Última hora para entrar ás 19:00. XUÑO Sábados e domingos de 16:30 a 20:00. Última hora para entrar ás 19:00. XULLO De martes a venres de 16:30 a

Onde estamos

Armada - 15637 Vilarmaior (A Coruña)

Estamos a carón da casa do concello de Vilarmaior

43º 21' 20" N
8º 07' 50" O

Preto de aquí

5 minutos andando

Ruta dos Petróglifos

Ruta dos Petróglifos

23 minutos en coche

Fragas do Eume

Fragas do Eume

12 minutos en coche

Praia Miño

Praia de Miño

14 minutos en coche

Praia Cabanas

Praia de Cabanas

15 minutos en coche

Praia Perbes

Praia de Perbes

27 minutos en coche

A Coruña

A Coruña

30 minutos en coche

Ferrol

Ferrol

20 minutos en coche

Pazo de Mariñan

Pazo de Mariñán

10 minutos en coche

Torre dos Andrade

Torre dos Andrade

14 minutos en coche

Pontedeume

Pontedeume

10 minutos en coche

Ruta dos muíños do río Medio

Ruta dos muíños do río Medio

35 minutos en coche

Fervenza de Belelle

Fervenza de Belelle

15 minutos en coche

Mosteiro de Monfero

Mosteiro de Monfero

25 minutos en coche

Mosteiro de Caaveiro

Mosteiro de Caaveiro

24 minutos en coche

Parque do Pasatempo

Parque do Pasatempo

8 minutos en coche

Albergue de Ecoturismo Alvarella

Albergue de Ecoturismo Alvarella

20 minutos en coche

Corax Fauna

Corax Fauna

Pet friendly